ConcellosÚltima hora

O VII Concurso Quiroga de Tapas xa ten ganador

A “Reinterpretación de polbo á feira con aceite de Quiroga” do Ferreiriño resultaba a tapa máis votada polo público
Imaxe da tapa ganadora do certame, elaborada polo Mesón O Ferreiriño de Quiroga./ Foto: Concello de Quiroga.

No Salón de Sesións do Concello de Quiroga tiña lugar no mediodía o 6 de abril a apertura das urnas e o sorteo dos premios da VII edición do concurso “Quiroga de Tapas”, coa presenza entre outros de Rosa Arza, concelleira de Xuventude, de membros da Corporación Municipal e de representantes dalgúns dos locais participantes.

A tapa máis votada era a elaborada polo Mesón Ferreiriño con “Reinterpretación de polbo a feira con aceite de Quiroga”. Deste xeito convertíase no local gañador da mellor tapa da presente edición, un premio dotado con 100€ e unha placa conmemorativa. En segundo lugar quedaba a Adega da María e resultaban empatados a votos o Bar Félix, Cafetería Quiper e Restaurante O Roxo Vivo. Nesta edición participaba 13 establecementos neste certame.

En canto aos premios dos clientes que completaron os “tapacartóns” para seleccionar aos establecementos anteriores, no sorteo correspondéronlles os seguintes premios:
– 300 Euros en metálico: Margarita Fuente Villa
– Cea para dúas persoas na Ferrería de Rugando (Quiroga): Ángeles Martínez
– Parrillada de carne para dúas persoas en Parrillada Torres (Quiroga): Laura Macía González
– Xantar ou cea para dous en Chapakuña 3 (Quiroga): Alex Doval
– Estancia na Aldea Rural “O Busto” para catro persoas (Pobra do Brollón): Rosa Ramos Martínez
– Almorzo especial para dúas persoas en Chokolat (Monforte): Zaira Arza González
– Cea degustación para dúas persoas en Abadía San Simón (Campo de golf en Monforte): Mª Luisa Rodríguez Martínez
– Xantar para dous en O Viñedo (Monforte): Ángel David Rodríguez Álvarez
– Xantar para dous en Tapería Brancellao (Monforte):Tania Rodríguez Pérez
– Un xantar ou cea para dous en Manuel Bistró (Monforte): Pablo Díaz Ferrreiro
– Un almorzo especial ou merenda para dúas persoas en El Jardín de las Delicias (Monforte): Almudena Rodríguez Bascoy

– Produtos típicos de Quiroga:
Caurelor: Concha Balada Regueiro
Cervexa Curriña: Carlos Vázquez Losada
Lar de Ricobao: Isabel González López
Porvide: Aurora López Fontal e Mª Carmen Rodríguez Rodríguez
Rego Natura: Ángel Maseda Novas

Artigos relacionados

Back to top button