CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O VII OUFF Escola premia a nova creatividade audiovisual en galego

Nesta edición presentábanse 120 traballos e involucrábanse 3.400 estudantes de educación infantil, primaria e secundaria

O cinema convértese nunha ferramenta de dinamización lingüística entre a mocidade da man do OUFF Escola. Este certame, que vén de cumprir a súa sétima edición, entregaba os galardóns aos mellores traballos audiovisuais en galego feitos por escolares o 2 de novembro no Auditorio Municipal. En conxunto eran 2.600 euros em premios.

Esta gala, conducida polo actor Alfonso Míguez e a actriz Marielvi Martínez, reunía a máis de 500 nenos e nenas chegados de 14 centros educativos de diferentes puntos de Galicia. Tras a entrega de premios e antes da proxección dos traballos gañadores, o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez, transmitíalle aos asistentes o “orgullo de ver tanta participación neste certame, que está a formar unha canteira de cineastas para o futuro”. Tamén agradecía á organización, aos membros do Xurado, ao equipo de Fran Gayo, á xecretaría xeral de Política Lingüística e a docentes, centros e participantes, “a súa implicación no concurso, ao que este ano concorreron 120 traballos”.

Neste acto estaban presentes ademais o director artístico e programador do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), Fran Gayo, Valentín García Gómez, o secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Silvia Dorado Morales, secretaria territorial da delegación da Xunta en Ourense; Manuel Doval, deputado de cultura da Deputación Provincial de Ourense; Belén Iglesias, concelleira de Educación, Cultura e Comercio do Concello de Ourense.

Interviña ademais o secretario xeral de Política Lingüística quen lembraba o apoio  do departamento que dirixe apoia ao OUFF Escola desde a súa primeira edición “polo seu potencial dinamizador da lingua galega, dado o seu papel na promoción da creatividade dos máis novos no idioma propio de Galicia e na extensión do uso do galego no audiovisual”.

Nesta galega contábase asemade coa presenza dos membros do xurado desta edición do certame, formado por Anxos Fazáns (cineasta)-, Déborah Vukusic (actriz), Simone Saibene (cineasta), Manoli Maseda (coordinadora provincial das equipas de Normalización e Dinamización Lingüística).

O certame OUFFescola é unha iniciativa enmarcada no 21 OUFF e promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense, a través do Servizo de Normalización Lingüística, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

PALMARÉS VII CERTAME OUFFescola

• 1º premio de 600 euros na categoría “Demais niveis de ensino non universitario”: Os xeranios do señor Alfonso do CPI Virxe da Saleta, de Cea.

• 1º premio de 600 euros na categoría “Infantil ou Primaria”: O mago Rosa do CEIP Plurilingüe Otero Novas, de Cortegada.

• 2º premio de 400 euros na categoría “Demais niveis de ensino non universitario”: Sons do camiño do IES Chamoso Lamas, de O Carballiño.

• 2º premio de 400 € na categoría “Infantil ou Primaria”: Ranilda do CEIP de A Lama, do concello pontevedrés de A Lama.

• Premio de 300 € ao mellor guión da categoría “Demais niveis de ensino non universitario”: O capitán Penedo do CPI Antonio Failde, de Coles.

• Premio de 300 € ao mellor guión da categoría “Infantil ou Primaria”: A chave para 6.000 presos, do CEIP Torre Illa, da Illa de Arousa.

Ademais, na categoría de Infantil e Primaria:

• Mención especial a Señor Ramón e Señora Ramona, do Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa.

• Mención especial a Maruxa do CEIP Coirón Dena, de Meaño.

• Mención especial a A máscara do león do CEIP Plurilingüe A Pedra, de Bueu.

E na categoría “Demais niveis de ensino non universitario”:

• Mención especial a Curuxás do IES do Camiño, de Palas de Rei.

Artigos relacionados

Back to top button