DeportesÚltima hora

O VIII Chandrexa Trail disputarase o 24 de xuño

É a cuarta proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña do 2018 e consta dun percorrido de 34 quilómetros polo Macizo Central
Presentación da oitava edición de “Chandrexa Trail” en Ourense.

Cita deportiva en Chandrexa de Queixa o 24 de xuño. A oitava edición de “Chandrexa Trail”, que terá lugar o día 24 de xuño, ofrecerá aos participantes tres posibles carreiras e unha andaina, con diferentes graos de dificultade. A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que volve a apoiar á Asociación Galega de Fibrose Quística, polo que cada participante ou persoa interesada poderá facer unha doazón a esta entidade, en favor dos doentes que padecen esta enfermidade.

A presentación deste evento tiña lugar na mañá do 8 de xuño no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez; e o presidente do Club Running Sport, Diego Martínez.

A Chandrexa Trail é a cuarta proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña do 2018 e consta dun percorrido de 34 quilómetros no que poderán participar ata 350 persoas. A saída será ás 8.30 horas diante da Casa Consistorial na localidade de Celeiros. Outra das probas que se vai a desenvolver neste evento será unha andaina e un cross, ambas cun percorrido de 18 quilómetros. Os participantes da carreira sairán ás 10.05 horas e os da andaina ás 9.05 horas, diante da Casa Consistorial de Chandrexa de Queixa. O número máximo de participantes será de 250 persoas en cada proba. Por último, celebrarase unha carreira de 7.3 quilómetros, puntuable para a Copa Galega Cadete, e que estará dispoñible para todo aquel que queira iniciarse no mundo do trail. A saída desta proba será ás 10.30 horas.

Os interesados en participar poderán inscribirse ata o día 22 de xuño a través da páxina web www.championchipnorte.com ou presencialmente en Agromacen en A Pobra de Trives ou na tenda de deportes Runmaniak, explicou Diego Martínez.

Artigos relacionados

Back to top button
Close