DeportesÚltima hora

O VIII maratón de escalada do Canón do Sil do Club Alpino Ourensán será o 11 de setembro

 

Coa idea de reunir a escaladores do noroeste de España nunha xornada que fose á vez unha festa e encontro do deporte, nacía o maratón de escalada do Canón do Sil que este ano celebra a VIII edición como unha actividade xa consolidada organizada polo Club Alpino Ourensán.

O Canón do Sil é unha zona rica en cultura, gastronomía, historia, impresionantes paisaxes e unha gran escola de escalada, por iso o maratón esta dirixida a fomentar por unha banda a escalada deportiva, pero tamén a divulgación da escola de escalada e o Canón do Sil como destino. “No maratón trátase de escalar por cordadas e en autosuficiencia o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas. Cada vía ten a súa propia puntuación en función da súa dificultade, lonxitude, etc, gañando a cordada que consiga o maior número de puntos”, explican dende o Club.

A cita será o vindeiro sábado 11 de setembro ás 8:30 horas na escola de escalada do Canón do Sil (acceso por Os Peares).

Máis información na web do Club Alpino Ourensán.

 

Artigos relacionados

Back to top button