EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O VIII Mercaberto converte o Malecón barquense nun espazo comercial

Esta mostra de oportunidades celebrarase os días 26 e 27 de agosto e nela participarán 14 expositores

O comercio valdeorrés sairá á rúa a finais de agosto, e máis en concreto, ao paseo barquense do Malecón. Ao longo de dous días, o venres 26 e o sábado 27 de agosto, esta céntrica zona da vila será escenario do VIII Mercaberto, unha iniciativa promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración co Concello.

“Tras o éxito acadado nas anteriores edicións, unha vez máis, preténdese ofrecer grandes oportunidades e liquidación de existencias, aproveitando a próxima finalización do período de rebaixas. A inauguración do mercado está prevista para o venres 26 de agosto ás seis da tarde e estará aberto ata as once da noite”, explicaba a presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes, na presentación do Mercaberto. No caso do sábado o horario de apertura será de 11h. a 14h. “para evitar as horas de máis calor” e reabrirase pola tarde ata as once da noite.

Trátase dunha mostra de oportunidades con catorce expositores que achegará ao público a moi bo prezo artigos de sectores tan diversos como o “téxtil, zapatos, agasallos, complementos, música, decoración…”, matizaba a vicepresidenta do Barco CCA, Ángeles Rodríguez. “Tamén estará presente a asociación Asfaval, como noutras edicións”.

Así o VIII Mercaberto acollerá os expositores de Moral Zapatería, Can-Can, Librería Murciego, Novedades Maribel, Mis Personajes, Fíos Moda, Ton y Son, Perfumería-Droguería Damas Escuredo, D’Chus, Azul y Rosa, Paka-Maka e Pilardos.

Ademais como actividade complementaria a esta mostra, a partires das once da noite do venres 26 de agosto actuará nas proximidades do recinto feiral o grupo valdeorrés “Los Íñigos”, que se caracteriza por facer versións de temas dos anos 80 e 90.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button