DeportesEn portadaÚltima hora

O vilamartinés Luis Nogueira, subcampión do mundo en xavelina M60

Facía un lanzamento de 54.49 m que lle valía a medalla de prata e só superado polo do ucraíno Havras que chegaba ata os 55.48 m
O lanzador de xavelina valdeorrés Luis Nogueira./ Foto: Carlos G. Hervella.

Desta volta non puido ser. O vilamartinés Luis Nogueira (Club Adas Barco) ía a polo seu cuarto título mundial pero os 54.49 metros que alcanzaba a súa xavelina non foron suficientes para facerse co ouro en M60 no campionato do mundo máster de Málaga. Era precisamente no último dos cinco lanzamentos que facía na tarde do 12 de setembro onde lograba a mellor marca, pero quedaba a un metro da conseguida polo vencedor da proba, o ucraíno Serhii Havras (55.48 m).

Aínda así, o valdeorrés acabada unha valiosa prata nunha competición na que se medía cuns 29 atletas de diferentes partes do mundo. Nogueira volve novamente a colocar a Valdeorras no podio mundial de xavelina, tras o ouro que acadaba nesta mesma categoría no europeo de pista cuberta do pasado marzo en Madrid.

Artigos relacionados

Back to top button