EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Viñaredo de Santa Marta e o godello A Coroa, premiados nas Catas dos Viños de Galicia

Recibían os acios de ouro ao mellor tinto e branco de Valdeorras, respectivamente

Publicidade

 

Dous viños da Denominación de Orixe Valdeorras resultaban galardoados nas Catas de Galicia 2022, cuxo acto de entrega de premios tiña lugar esta tarde no concello de Boqueixón.

Así, o Acio de Ouro ao Mellor Branco de Valdeorras correspondíalle á adega A Coroa (A Rúa) polo seu Godello Adega A Coroa SAT, mentres que o O Acio de Ouro ao Mellor Tinto de Valdeorras foi para Viñaredo de Bodegas Santa Marta (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras).

Fotos: D.O. Valdeorras.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button