O vindeiro curso escolar iniciarase o 11 de setembro para o 2º ciclo de infantil, primaria e educación especial

Para os matriculados en ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de réxime especial o día de inicio de curso será o 16 de setembro

Escolares á entrada dun centro educativo./ Foto: Mónica G. Bellver.

Á falta da súa publicación os vindeiros días no DOG (previsiblemente o día 28), o calendario escolar para o vindeiro curso 2019/20 para os centros educativos sostidos con fondos públicos xa está dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Así, segundo informa a Consellería de Educación, para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial as clases comezarán o día 11 de setembro de 2019 e rematarán o 19 de xuño de 2020; mentres que para os matriculados en ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de réxime especial o día de inicio de curso será o 16 de setembro e se prolongará ata o 19 de xuño de 2020.

Así mesmo establécense como períodos vacacionais Nadal (desde o 21 de decembro de 2019 ata o 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive); Entroido (os días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020) e Semana Santa (desde o 4 ata o 13 de abril de 2020). Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma así como o Día do Ensino, que se celebrará o 31 de outubro de 2019.

Dita Orde tamén recolle o calendario para o funcionamento dos comedores escolares dos centros públicos, que en Educación Primaria funcionarán desde o 11 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020; e en ESO desde o 16 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020.

O calendario escolar 2019/20 pode consultarse en:
http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies