O viño de Monterrei acompañará ás castañas do Magosto de Xinzo de Limia

Por terceiro ano consecutivo, esta denominación de orixe participará nesta tradición gastronómica e festiva que se celebará o 9 de novembro

 

Co fin de continuar a colaboración que vén realizando durante os últimos anos, a Denominación de Orixe Monterrei aportará viño no Magosto de Xinzo de Limia, que se celebrará mañá 9 de novembro. “Esta acción, xunto co apoio á Festa do Esquecemento, axuda a estreitar lazos de colaboración con este municipio veciño, a reforzar a nosa presenza na zona, e permite que estas citas sexan un escaparate promocional para os noso viños”, indica a presidenta dol C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

Este será xa o terceiro ano no que esta denominación de orixe vitivinícola participe nesta celebración tradicional que ten a castaña como protagonista.

 

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies