Galerías de fotosÚltima hora

O viño de Valdeorras, un dos protagonistas do SilFest 2018

A cata con versos de Florencio Delgado Gurriarán tiña lugar na tarde do 21 de xullo

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras é o patrocinador principal nesta edición do SilFest, algo que se nota na programación con catas de viño con poesía, cata de vino con batalla de músicos, curso de maridaxe de queixos con viños de Valdeorras e visitas a algunhas das bodegas da D.O., ademais dunha zona de exposición e venda no propio recinto.

Na tarde do sábado 21 de xullo, da man da sumiller Mercedes González, un numeroso grupo de persoas asistían a unha cata moi especial: “Cantarenas do Viño-Cata e versos”. Por un lado, a sumiller explicaba aos asistentes as características dos viños (Ruchel godello, Viñaredo godello, Menciño, Joaquín Rebolledo mecía e Pagos de Galir mencía) así como as diferencias entre os tintos e os brancos, mentres a poeta Fátima Delgado recitaba poemas do autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, relacionados co viño.

Hoxe, tocaralle o turno ao curso de maridaxe de queixos con viños previsto para as 12:40h.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button