En portadaÚltima hora

O viño e as covas, temática do IV Concurso de Fotografía da Ruta do Viño de Valdeorras

O prazo de presentación de traballos rematará o 16 de agosto do 2022

Publicidade
Imaxe do interior dunha das covas existentes en Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Ruta do Viño de Valdeorras vé de convocar, co patrocinio da Deputación de Ourense, a cuarta edición do seu concurso de fotografía, cuxo lema será nesta edición “Os segredos do viño”, cuxo prazo de presentación de traballos rematará o 16 de agosto do 2022.

O concurso ten como temática “o Viño e as covas”, debendo aparecer nas fotografías presentadas imaxes referidas a esta temática, que mostren a contorna rural da comarca de Valdeorras, podendo presentar a súa arquitectura, consumo, historia, festividades etc.

Neste certame poderá participar nel calquera persoa maior de idade que achegue como máximo tres fotografas relacionadas coa temática esixida. Como nas edicións anteriores, outorgaranse tres premios que reciben doutras tantas variedades de uva existente na comarca:

1º premio GODELLO: 300 € e diploma acreditativo.
2º premio MENCIA: 200 € e diploma acreditativo.
3º premio GARNACHA TINTORERA: 100 € e diploma acreditativo.

 

 

O fallo do xurado darase a coñecer antes do 30 de agosto de 2022 a través da páxina web da ruta así como das redes sociais da mesma. Tamén se comunicará aos gañadores mediante correo electrónico e chamada telefónica.

Ademais das fotografías premiadas, o xurado seleccionará unha mostra das mellores imaxes para a súa posible inclusión na exposición que acompaña ao concurso fotográfico. As bases deste concurso están publicadas na web www.rutadelvinovaldeorras.com, así como nas súas redes sociais.

Artigos relacionados

Back to top button