EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O viño trivés Xiana, gran ouro no I Concurso ViniEspaña

Ademais resultaban galardoados outros dous viños das Terras de Trives (A Corga 2016 cun ouro e o Alcouce cunha prata) e un da D.O. Valdeorras, o godello Quinta da Peza cunha prata
Imaxe de visitantes na adega Chao de Couso cunha botella de Xiana./ Foto: Concello de Trives.

Na primeira edición do Concurso de Viños ViniEspaña, convocado pola Federación Española de Asociacións de Enólogos (FEAE), veñen de resultar distinguidos tres viños elaborados na comarca trivesa e amparados pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O mellor resultado conseguíao o Xiana 2017, da Adega Chao do Couso, que ganaba unha medalla de gran ouro. Ademais esta adega lograba unha prata co seu Alcouce. Finalmente, tamén resultaba premiado neste certame cun ouro o viño A Corga 2016 da adega do mesmo nome.

Tamén eran distinguidos outros viños da D.O. Ribeira Sacra e doutras denominacións de orixe ourensás, entre eles está o Quinta da Peza godello 2017 da D.O. Valdeorras, que lograba unha prata. Este certame celebrábase a mediados de abril en Xerez.

Artigos relacionados

Back to top button