En portadaÚltima hora

O viño valdeorrés promociónase en San Sebastián Gastronomika

Case a metade das adegas amparadas pola D.O. Valdeorras están presentes neste certame que se celebrará ata o vindeiro 10 de outubro na cidade vasca
Visitantes no expositor do CRDO Valdeorras na mostra San Sebastián Gastronomika./ Foto: CRDO Valdeorras.

Considerado un dos mellores eventos de gastronomía do mundo, San Sebastián Gastronomika abría as súas portas o 7 de outubro. Neste certame, que se desenvolverá nesta cidade vasca ata o vindeiro 10 de outubro, participa por cuarta ocasión o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Un total de “21 adegas valdeorresas, case a metade das amparadas baixo o selo deste consello están presentes no foro”, destaca o presidente da D.O., José Luis García Pando. Nel darán a coñecer “un total de 52 referencias distintas”.

Coa participación novamente neste certame, a D.O. Valdeorras busca “asentar o coñecemento dos viños valdeorreses no norte de España”. Tal e como explican dende este organismo, “as comunidades do norte son, xunto a Madrid, as zonas do Estado nas que maior presenza teñen os viños da comarca e seguir fortalecendo a marca Valdeorras nestes territorios é unha prioridade dentro dos obxectivos promocionais do Consello Regulador”.

Ademais esta entidade avanza que nos vindeiros meses ten previsto desenvolver accións divulgativas dos viños da comarca en territorios onde teñen menor presenza como pode ser o Levante ou o sur de España.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close