CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O vocalista valdeorrés Miguel Arias prepara un novo formato de concertos para este 2020

O vocalista natural de Arcos, Miguel Arias.

 

Tras uns meses en silencio, Miguel Arias asegura que en 2020 fará “moito ruído”. De momento atópase perfilando o calendario de actuacións deste ano que arrancará cun novo formato de concerto co que promete, levarnos da man “por temas e sensacións que emocionarán, pero tamén farán rir”, convidando ao público a “fuxir da voráxine do día a día, a pararse a pensar no realmente importante e a deixarse levar”.

Neste 2020 o vocalista valdeorrés natural de Arcos (Vilamartín) regresará aos directos coas súas versións, cos  temas do seu anterior disco Contra viento y marea e tamén con cancións novas.

Artigos relacionados

Back to top button