ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O X Mercaberto abre as súas portas no Barco

Ata as 23h. deste 24 de agosto poderán mercarse produtos a moi baixo prezo nos trece postos instalados no Paseo do Malecón e tamén haberá actividades de animación infantil a partir das 17:30h.

De maneira ininterrumpida ata as 23h. este venres 24 de agosto poderán visitarse no Malecón os postos do X Mercaberto, o mercado de oportunidades que promove O Barco Centro Comercial Aberto (CCA). O certame abría as súas portas as 11h nun acto que contaba coa presenza da vicepresidenta desta entidade, Ángeles Rodríguez, así como do colaborador do CCA, Luis Enrique Rodríguez “Coquixo”, e da concelleira de Comercio do Barco, Irene Dacal.

Na mostra poderán atoparse artigos a moi bo prezo de diferentes sectores, dende o téxtil, ao dos complementos, regalos, decoración e alimentación. Así no Mercaberto participan os seguintes establecementos: Librería Murciego, Can-Can. Novedades Maribel, D’Chus, A Casiña, Baamonde O Barco, Crash, Nº 37, Costuritas, A Manduca, Fíos Moda, Cool Balea e Okre.

Outro dos eixos do programa serán as actividades de animación infantil que comezarán ás 17:30h. con pases cada media hora de diferentes espectáculos malabares, pallasos e humor da man de Troula: Llilla e Fifo, Unha de Piratas e Rambanepasi.

Coquixo, en nome do CCA, agradecía o apoio e colaboración que o Concello vén prestando ao longo destes anos para desenvolver esta mostra de oportunidades, así como do persoal do mesmo “dende os electricistas ata os membros do GES e de Protección Civil”, que estiveron moi atentos e que realmente son os que permiten que pdoa realizarse”. Tamén destacaba a colaboración dos comerciantes desta edición e das anteriores, “que fan que hoxemos podamos celebrar o décimo aniversario desta cita”. Ademais animaba á xente a achegarse ata o Paseo do Malecón para visitar o Mercaberto.

Do mesmo xeito se manifestaba a concelleira de Comercio do Barco, quen agradecía o labor do sector comercio “para nós é un pracer colaborar con eles” e amosaba o seu apoio ás iniciativas que se leven a cabo dende o Centro Comercial Aberto.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Artigos relacionados

Back to top button