DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Xadrez Valdeorras ascende á primeira división galega

Este club xogaba a última xornada de liga na segunda división na Rúa este 27 de abril

Hai catro anos o Xadrez Valdeorras comezaba a competir a nivel galego. Empezaban na terceira división, o pasado ano subían a segunda e agora, completaba a tempada regular, veñen de lograr o seu ascenso á primeira división galega cunha excelente actuación na liga.

O equipo, que xa estaba matematicamente ascendido, xogaba o derradeiro partido este sábado 27 de abril no Centro Cultural Avenida da Rúa. Nesta xornada o seu rival era o Pereiro de Aguiar. Das catro partidas xogadas, os rueses ganaban dúas, outra quedaba en táboas e na cuarta perdían.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Sergio, capitán do equipo valdeorrés, nunha das partidas de xadrez./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button