EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O xantar da XXII Festa de La Cabrera reúne a unhas 800 persoas en Truchas

A celebración tiña lugar no entorno de El Vivero, no concello leonés

Con certo aire reivindicativo, a comarca leonesa de La Cabrera celebra cada mes de xullo a súa festa conxunta, organizada cada ano por un dos cinco concellos que a conforman. O ano pasdo o encargado foi Benuza e nesta ocasión, despois de catro anos, volveulle tocar o turno a Truchas.

O entorno de El Vivero acollía o sábado 14 de xullo, os actos da XXII Festa de La Cabrera. Unha xornada que  reunía a unhas 800 persoas no xantar popular, un dos actos centrais do programa, cun menú a base de paella e carne á grella, entre as que non faltaban representantes dos concellos que forman La Cabrera (Puente de Domingo Flórez, Benuza, Castrillo de Cabrera, Encinedo e Truchas) e algún deputado leonés, entre outras autoridades, ademais de veciños da comarca leonesa e tamén de Valdeorras.

Con todo o programa incluía un festival de música tradicional coas actuacións de Aires de Cabrera, Gaitas Aresán da Coruña e Bailes San Froilán de León, Gaiteiros de Corporales e dos Gaiteiros de Quintanilla de Yuso;  atraccións infantís variadas, para desfrute dos máis pequenos; un espectáculo con cabalos a cargo de Mirantes; e o baile en sesión de tarde e verbena coa orquestra Anaconda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button