ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O xantar de Manos Unidas en Rubiá reúne a unhas 450 persoas

Esta xuntanza solidaria tiña lugar no mediodía do 12 de maio no pavillón polideportivo desta localidade valdeorresa

Cunha numerosa asistencia desenvolvíase a comida solidaria de Manos Unidas en Rubiá no mediodía deste 12 de maio. Unhas 450 persoas participaban neste encontro benéfico cunha entrada de 5 euros.

No xantar había bocadillos de chourizo, salchichón e queixo, ademais de empanadas de bonito e carne, tortillas e lacón. E, na sobremesa, unha gran variedade de doces caseiros, dende rosquiñas ata magdalenas, ademais de café.

No decurso deste encontro instalábase un mercadiño con produtos para recaudar tamén fondos para Manos Unidos e, ao final do xantar, tiña lugar unha tómbola cunha serie de agasallos doados por diferentes establecementos comerciais de Valdeorras.

Dende a Delegación de Manos Unidas en Rubiá, que leva organizando este xantar dende o ano 2003, faise unha valoración moi positiva da resposta social a este acto solidario. Ademais agradécese aos participantes a súa asistencia, así como o apoio da xente que fixo posible levar a cabo o xantar. Tamén se amosa o agradecemento á colaboración dos comercios e empresas que doaron produtos, en especial ao Supermercado Gadis.

“Ademais de ser un acto solidario esta é tamén unha xornada de convivencia e festa de persoas de diferentes parroquias de Rubiá que se xuntan aquí”, destacan dende Manos Unidas de Rubiá. Os fondos recaudados irán destinados a tres proxectos relacionados coa educación, coa formación e coas infraestruturas de auga en Colombia, Zambia e Benín.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button