DeportesÚltima hora

O xefe de filas do Tres Lunas Valdeorras, Brandan Márquez, completa a Gran Bikedada 2020 en menos de catro horas

A clásica de MTB nacional disputábase na xornada do domingo 16 de febreiro en Vigo

 

A rápido non hai quen lle gane. Menos de catro horas lle levou ao ultrafondista Brandan Márquez, xefe de filas do Tres Lunas Valdeorras, o percorrido da sétima edición da Gran Bikedada 2020, celebrada esta fin de semana. 100 quilómetros na distancia de gran fondo, entre Vigo (Pontevedra) e o encoro de Eiras, con regreso a Vigo a través dos municipios de Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.

Tal como explican dende a organización, Social Ciclismo Fan Manager, o varias veces campión de España de ultramaratón cubriu os 100 quilómetros, practicamente no mesmo tempo que os ciclistas que pecharon o percorrido curto (medio fondo), é dicir que “avanzou de media 24 quilómetros por hora sobre un perfil, en xeral, moito máis esixente como é o gran fondo”. O ciclista do Tres Lunas Valdeorras contou ademais cunha “axuda considerable”, apuntan, explicando que rompeu o sillín da bicicleta a metade de percorrido “e sabido é que se corre moito mellor erguido que sentado”, din. Bromas á parte, á súa chegada a meta comentou que a proba fora “moi atractiva, coma sempre, e rápida”.

A xornada amenceu con chuvia e vento complicando esta edición da carreira que volveu a ser fiel a si mesma: plástica, intensa, rápida e con ese punto de esixencia que apreta pero non afoga, deixando marxe para que cada participante atope o que busca e que deparou un magnífico espectáculo deportivo sobre un escenario de barro no que todos ganan, xa que non é competitiva.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button