DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O xefe de filas do Tres Lunas Valdeorras mantén o ritmo na “Crocodile Trophy” 2019 de Australia

Foi terceiro na etapa raíña da lexendaria carreira MTB, baixando ata o 4º posto da clasificación xeral

 

Catro das oito etapas que forman a edición 2019 da Crocodile Trophy, unha das carreiras de MTB máis duras do mundo que se está celebrando no corazón do Tropical Queensland, en Australia, leva xa disputadas o xefe de filas do Tres Lunas Valdeorras Brandan Márquez, mantendo o ritmo no ecuador da carreira malia o calor e as dificultades.

Despois dunha terceira etapa moi dura que pasou con puntos nun brazo tras unha caída na segunda, o ciclista galego afrontaba a etapa raíña e ecuador da carreira, “a máis guapa ata agora sen dúbida”, asegura o propio Márquez. 100 km cun pouco de todo, “20 km de single track, subidas infernais (incluído o mítico porto Escaleras al Cielo, conocido como o Alp’Duez australiano), baixadas técnicas, outras fáciles, trialeiras, etc… un compacto do mellor de toda a proba”. Ao final, era 3° da etapa despois de ganar o sprint, baixando ata o 4° da xeral por 9”.

A través das redes sociciais o corredor asegura ser bastante competitivo “pero o primeiro é desfrutar”, recoñecendo que está descubrindo unha proba que conseguíu manter a esencia do verdadeiro BTT. “Non se buscan números nin masificacións, só que o corredor desfrute ao pasar por nada máis nin menos que 13 parques naturais durante 8 días”.

A seguinte etapa, Irvinebank-Skybury, de 95,5 km/ 1200 m.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button