ConcellosÚltima hora

O xeneral Ángel Alonso Miranda, con raíces en Valdeorras, á fronte da Policía Xudicial

O xeneral Ángel Alonso Miranda, nunha entrevista mantida hai un tempo co Periódico O SIL./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, vén de nomear para o Mando da Xefatura de Policía Xudicial da Garda Civil ao xeneral de división Ángel Alonso Miranda, con raíces en Valdeorras. Ata o de agora, Miranda era responsable do Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO).

Este nomeamento data do 7 de agosto, se ben dábase a coñecer a través dun anuncio do Ministerio do Interior no Boletín Oficial do Estado (BOE) onte, venres14 de agosto. O recén nomeado xefe de Policía Xudicial comezará a exercer o seu cargo a partir del 1 de setembro, segundo recolle o mesmo BOE.

Artigos relacionados

Back to top button