EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Xeodestino Manzaneda-Trevinca aborda a segunda fase das accións para o ano 2018

Os seus membros reuníanse no mediodía do 16 de maio na Estación de Montaña de Manzaneda

Co fin de poñer en marcha a segunda fase das accións deseñadas para o exercicio 2018 os membros do Xeodestino Manzaneda-Trevinca celebraban unha reunión no mediodía do 16 de maio nas instalacións da Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda.

Ademais dos representantes dos concellos que forman parte deste Xeodestino, tamén asistían os responsables do Inorde. Segundo adiantaba o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, está previsto que se convoque unha nova reunión, unha vez que os concellos presenten as accións concretas que queren levar a cabo. “Estamos en tempo e forma e dándolle protagonismo ás accións que queren levar a cabo os concellos”, aseguraba ao termo do encontro Rosendo Fernández.

Por outra banda, tamén a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) presentoulle ao Xeodestino, a través do Concello do Barco, iniciativas concretas de actuación en materia turística.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button