En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Xeodestino Manzaneda-Trevinca comeza a camiñar

A Axencia de Turismo de Galicia e o Inorde asinaban na Veiga un convenio para a posta en marcha de accións nesta zona turística

“Podemos dicir que hoxe este xeodestino se fai realidade”. O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, resumía con estas palabras a importancia do convenio de colaboración entre esta entidade e a Axencia de Turismo de Galicia que vén a supoñer a posta en marcha, longamente demandada, do Xeodestino 12 “Trevinca-Manzaneda”. O acordo asinábase na mañá do 21 de xuño no Concello da Veiga coa asistencia da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e de representantes dos trece concellos que abrangue este xeodestino: Trives, A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, O Barco, O Bolo, Petín, Rubiá, San Xoán de Río e Vilamartín de Valdeorras.

Tras a sinatura do acordo, Nava Castro explicaba, tras ser presentada polo alcalde da Veiga, Juan Anta; as accións contidas no documento: unha análise das necesidades formativas do sector turístico da zona, un plan de formación, un plan de comunicación, un manual de identidade corporativa, etc. O desenvolvemento deste convenio suporá un orzamento de 72.500 euros, dos cales o Inorde (cuxo xerente, José Manuel Rodríguez, tamén acudía ao acto) aportará 37.500 euros e a cantidade restante a Xunta de Galicia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button