En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Xeodestino Manzaneda-Trevinca lanzarase en Fitur

O anuncio facíase no acto de presentación desta nova marca turística que abrangue os concellos de Valdeorras e da comarca trivesa

A estación de montaña de Manzaneda era o escenario escollido na mañá do 13 de decembro para presentar a marca do Xeodestino Nº 12 Manzaneda-Trevinca, que une dende un punto de vista turístico aos concellos da parte oriental da provincia de Ourense (comarcas de Valdeorras e Terra de Trives). Esta imaxe preséntase co claim ou lema “Quero ir/Quero sentir”.

“A imaxe da marca preséntase como un crisol de formas orgánicas e cores que escenifican os atractivos turísticos do Xeodestino Manzaneda-Trevinca, fácil de recoñecer e recordar, con connotacións positivas, transmisor de sensacións e representación dos valores asociados á marca”, explican dende o Inorde. Principalmente trátase de construír unha imaxe xeral deste territorio que “resuma á vez que identifique os seus principais recursos naturais: a natureza cos seus valores ambientais, a variedade paisaxística de alta montaña, vales e vilas auga, ríos,lagoas glaciares, cun patrimonio no que se reflicte a pegada da historia; a creatividade e innovación, así como os produtos de calidade, a gastronomía e o viño característicos do xeodestino”.

Ao acto asistían representantes dos concellos desta zona ourensá, do INORDE e da Xunta de Galicia, así como touroperadores e nel facíase un avance dos produtos deseñados para o ano 2017, no que se prevé xa lanzar este Xeodestino ourensán no marco da celebración da Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebrará en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button