EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O Xeodestino turístico Manzaneda-Trevinca, en Fitur

O oriente ourensán vén de presentar a os seus atractivos como destino na Feira Internacional de Turismo

 

Autoridades asistentes á presentación do Xeodestino Manzaneda-Trevinca en Fitur.

 

Un destino de “ecoturismo experiencial” para todos os públicos e durante todo o ano. Así se presentaba o Xeodestino Manzaneda-Trevinca na mañá do 19 de xaneiro no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid. Este espazo natural, formado polos municipios das comarcas de Valdeorras e de Terra de Trives busca difundir e promocionar as excelencias de natureza, paisaxísticas, etnográficas e culturais desta zona ourensá.

Esta presentación contaba coa asistencia de diversas autoridades, entre as que estaba a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; así como deputados ourensáns e alcaldes, como é o caso do barquense, Alfredo García, do de Petín, Miguel Baustista, de Manzaneda, Félix Domínguez, ou o da Veiga, Juan Anta.

 

O presidente da Deputación, presentando o Xeodestino Manzaneda-Trevinca.

 

O Xeodestino Manzaneda-Trevinca  “ofrece multitude de actividades deportivas, gastronómicas, naturais, paisaxísticas, así como un atractivo patrimonio que enaltece a beleza desta zona ourensá”, en palabras do presidente da Deputación. Dentro del está a Estación e Montaña de Manzaneda, á que aludía tamén Baltar, resaltando a importancia do sistema de innivación, “que suporá un antes e un despois para a estación de montaña, pois garantirá, aló menos, 120 días de neve cada ano, nunha infraestrutura deportiva, de ocio e natureza que tamén debe afondar na desestacionalización, pois é un centro turístico e deportivo cun destacado atractivo para visitantes de Galicia, doutras comunidades e tamén do norte de Portugal”.

O alcalde do Barco, cuarto pola esquerda, acudía a Fitur á presentación do Xeodestino Manzaneda-Trevinca. Nesta imaxe, xunto a alcaldes da provincia de Lugo, entre eles o de Monforte.

 

Na presentación celebrada en Fitur tamén se presentaba o logotipo do Xeodestino Manzaneda-Trevinca. A imaxe é un crisol de formas orgánicas e cores que escenifican os atractivos turísticos do xeodestino, fácil de recoñecer e recordar, con connotacións positivas, transmisor de sensacións e representación dos valores asociados á marca. Este logo marca Manzaneda-Trevinca preséntase co eslogan Quero ir/Quero sentir.

Artigos relacionados

Back to top button