ConcellosFolgoso de CaurelQuirogaRibas de SilÚltima hora

O Xeoparque Montañas do Courel aposta por un plan de sostibilidade turística

Imaxe da reunión na que se abordaba o plan de sostibilidade para o Xeoparque Mundial Montañas do Courel./ Foto cedida.

 

Dende o Xeoparque Montañas do Courel estase traballando co obxectivo de participar nun Plan de Sostenibilidade Turística do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Neste senso, o 2 de setembro reuníase un equipo de traballo cos representantes dos tres concellos (Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga) que conforman o Xeoparque Mundial, Roberto Castro, Lola Castro e Julio Álvarez.

Este plan iría enfocado a “crear produtos turísticos atractivos e sostibles, a través do aproveitamento dos recursos xa existentes ou da creación de equipamentos. O seu obxectivo é dinamizar o noso territorio para contribuír a afrontar o reto demográfico, usar de forma sostible as infraestruturas e os lugares con destacado patrimonio cultural, material e inmaterial, e crear produtos turísticos capaces de xerar una afluencia turística con capacidade de gasto”, adiantan dende o xeoparque.

O plan no que se comezou a traballar debe incluír un diagnóstico no que se reflicte a situación actual, o grado de aproveitamento dos recursos turísticos e as necesidades turísticas existentes. O Xeoparque Montañas do Courel pode recibir mediante este plan tres millóns de euros en tres anos, aportados maioritariamente pola Secretaría de Estado de Turismo e a Xunta de Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button