EconomíaEconomíaÚltima hora

O “XI Mercadiño de Nadal” do Barco, que incluirá catas, será os días 18 e 19 de decembro

Publicidade
O concelleiro de Turismo do Barco, Eladio Santos.

 

Con novidades chegará o XI Mercadiño de Nadal do Barco, que se celebrará na praza do Concello os días 18 e 19 de decembro. Ademais de postos de artesanía, gastronomía e agasallos, nesta edición o público que visite o recinto tamén poderá asistir a catas de viños e mesmo a obradoiros infantís de artesanía.

O mercadiño ten previsto abrir as súas portas ás 11h. do 18 de decembro. O seu programa presentábao esta mañá o concelleiro de Turismo, Eladio Santos.

 

Artigos relacionados

Back to top button