CulturaCulturaÚltima hora

O XII Encontro celebrado na Adega Melillas da Rúa reúne a unha vintena de poetas

A velada, organizada por Rosa García, estivo amenizada polo cantautor Anxo Rei

 

Pintura, música, viño e por suposto poesía. Son os ingredientes cos que se elaborou o XII Encontro de Poetas celebrado na tarde do 7 de marzo na Adega Melillas da Rúa.

Organizado por Rosa García coa colaboración de Adega Melillas, Concello da Rúa, Manolo e Juan Luis (cociñeiros) e Jorge (cartel), o encontro reunía a unha vintena de poetas que compartiron unha agradable velada, lendo os seus poemas: Carlos Rafael, Rochi, Jorge, Emma, José Carlos, Loli, Francisco Ruíz, Rosa García, Nolim, María José, Alfonso, Diana, Paco Ledo,… Incluso leron poemas de xente que non pudo asistir como Juan Corzo, veciño de Celavente que enviou un texto que foi lido pola súa irmá Florinda.

Esta edición, amenizada polo cantautor barquense Anxo Rei, tiña como título “Sen nenos, quen nos roubará o sono” e contou asemade coa participación de alumnos dos IES Cosme López Rodríguez: María Arias e Julia Fernández, Elías Esmerodes, Sergio Fernández e Iago Gómez, Raquel Rodríguez e Pablo Sanz, Iago González,…

O encontro incluía unha exposición fotográfica de Lois Rúa e unha pinchada.

Fotos: Verónica Vieira González

Artigos relacionados

Back to top button