O XII Simposio sobre enerxías renovables reunirá en Ourense a expertos internacionais

Celebrarase mañá e presentará como novidades as aplicacións da enerxía xeotérmica en construción de edificios

As vantaxes das enerxías renovables na arquitectura e na edificación é o tema central do XII Simposio internacional sobre enerxías renovables, que mañá xoves 14 de xuño reunirá en Expourense a expertos que debaterán sobre as últimas novidades no sector.

Liderado pola Deputación de Ourense e co-organizado por Expourense, o Concello de Ourense e Ingeo, “o congreso está orientado a colectivos profesionais: arquitectos, promotores, construtores e instaladores, e tamén a público en xeral”, lembrou Alfredo Fernández, coordinador da xornada, quen destacou que este encontro servirá tamén para presentar casos prácticos da aplicación das renovables na edificación, como os do complexo “La finca” ou as vivendas construídas nos antigos Estudos Buñuel, ámbolos dous en Madrid. “Trátase de ver esta enerxía como unha vantaxe, non como un inconveniente na construción”, dixo.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández referiuse ao proxecto “GeoAtlantic”, que se presentará no simposio, unha iniciativa coa que Ourense lidera a aplicación desta fonte enerxética na edificación. Neste sentido, Jorge Pumar destacou que na provincia de Ourense “levamos moito tempo gañado no ámbito das enerxías renovables”, e que o proxecto GeoAtlantic foi un dos 44 seleccionados dos 425 presentados no programa “Espacio Atlántico”, “e de todos eles só 1 de Ourense, o único orientado á enerxía xeotérmica, a cal debemos asociar ao recurso termal que temos na nosa provincia, para seguir destacando esta importante singularidade que nos distingue en Europa e no resto do mundo”.

Entre os temas técnicos que se tratarán no simposio destacan, ademais da xeotermia aplicada a edificios, o das bombas de calor, as enerxías bioclimáticas, a integración das enerxías renovables na rehabilitación de edificios, e a presentación do proxecto GeoAtlantic, a cargo do Concello de Ourense. O congreso desenvolverase en horario de 9:30 a 17:30h. en Expourense. Máis información: www.expourense.org.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies