Galerías de fotosÚltima hora

O Ximnasio Trivesport presentaba “Gran Circo do Baile”

Con esta función, que podía verse na pasada fin de semana no Auditorio Julio Vázquez de Trives, despedía o curso

O “Gran Circo do Baile” era a temática escollida nesta ocasión polo Ximnasio Trivesport para o seu festival de fin de curso. Os seus alumnos (de moi diferentes idades) subíanse ao escenario na pasada fin de semana nunha exitosa función que enchía o Auditorio Julio Vázquez de Trives de público.

Neste festival non faltaba o baile nin a música. Ambas tiñan ademais como marco escénico un circo un tanto dispar onde se puideron ver malabaristas, ximnastas, paiasos, forzudos, domadores e tigres, danza oriental, e multitude de coreografías. E todo isto mesturado cunha singular parte cómica da man de Milikita, Fofita e Margarita perseguidas polas broncas de Gabi, que ían presentado cada unha das actuacións.

A función podía verse sábado e domingo ás sete da tarde no Auditorio Julio Vázquez, obtendo en ambos casos un cheo total do raforo. Este festival de fin de curso é unha cita que o ximnasio vén organizando dende hai xa varios anos e que acostuma repetirse en agosto, pero xa nunha función ao aire libre.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button