ConcellosParada de SilÚltima hora

O XIV Concurso Fotográfico Rosa Pons entrega os seus premios en Parada de Sil

Publicidade

 

Nun emotivo acto, celebrado no salón de usos múltiples do Concello de Parada de Sil neste xoves, procedíase á entrega de galardóns aos gañadores do XIV Concurso Fotográfico Rosa Pons. Contábase coa asistencia dos dosu premiados na modalidade de “Visións de Parada de Sil” que recibían os premios de mans do patrocinador do certame, Camilo Yáñez, e do concelleiro Manuel González, en presenza do alcalde, Aquilino Domínguez. Os gañadores da modalidade libre, naturais de Brasil e de Cádiz, non puideron acudir ao acto e recibirán o premio por transferencia bancaria

O rexedor de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradecía na súa intervención a asistencia do público, do patrocinador Camilo Yáñez (empresario de Parada de Sil afincado en Barcelona) e de Xosé Antón Vázaquez da Asociación Ouro do Sil, que fixo unha proxección das fotografías presentadas. Tamén tiña palabras de agradecemento o rexedor para o xurado “polo traballo realizado de xeito altruísta”.

Aquilino Domínguez tamén lembraba que “parece que foi onte e van XIV edicións deste concurso de Fotografía Rosa Pons, que cada vez conta con máis participantes e paseniñamente con máis proxección en Galicia, en España e fóra de España. Cando concello empezou no 2007 intentando posicionarse e darse a coñecer, unha das ferramentas foi este concurso, entre outra cousas, e creo que acertamos como o proba o feito da presenza de milleiros de visitantes, de ser o único concello que ten un bus lanzadeira para a visita a un monumento que agardamos o vindeiro ano sexan dous minibuses eléctricos (niso estamos traballando), un Concello onde de maneira constante seguen a vir inversores como o avala o feito de que no Valado se está a construír unha casas de Madeira entre castiñeiros e outros poxectos”.

Así mesmo o alcalde volveu a reiterar unha vez máis o feito de que este Concello aposta “de xeito claro pola cultura, entendendo isto como un investimento e non como un gasto, como así o proba este acto, o concurso de microrrelatos, o verán cultural e nomeadamente a aposta polos concertos de ALMA en setembro no Mosteiro de Santa Cristina”.

Rematou a súa intervención desexando que a XV edición do vindeiro ano sexa posible celebrala cun acto multitudinario.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button