DeportesÚltima hora

O xogador de baloncesto José Manuel Calderón percorre o Camiño de Inverno

Iniciou hoxe a súa andadura en Monforte para completar a súa peregrinación ata Chantada

O xogador de baloncesto, José Manuel Calderón, está a percorrer a Ribeira Sacra polo Camiño de Inverno, dentro do proxecto “El Camino acaba en Obradoiro”, impulsado por Monbus Obradoiro en colaboración coa Xunta. O deportista peregrinou desde Monforte de Lemos ata a localidade de Chantada.

 

 

José Manuel Calderón iniciou hoxe o seu percorrido en Monforte para completar a súa peregrinación ata Chantada. A continuación peregrinará ata Rodeiro para seguir avanzando, xa o mércores, ata Silleda. Na última etapa, percorrerá o tramo entre Ponte Ulla e Compostela. Durante a súa travesía está previsto que o acompañen figuras do deporte como Corbalán, Amaya Valdemoro, participante na pasada edición ou Moncho Fernández, adestrador do Monbus Obradoiro.

 

 

Nesta primeira xornada, o titular de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, acompañou a José Manuel Calderón ao seu paso pola Ribeira Sacra, onde o deportista “puido comprobar a enorme riqueza dos paisaxes, así como o excepcional patrimonio natural e etnográfico desta zona candidata a ser declarada Patrimonio Mundial pola Unesco en 2021”.

Ademais de Román Rodríguez, na xornada de peregrinación tamén participaron o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, e o ex xogador de baloncesto, Juan Antonio Corbalán, protagonista da segunda edición de “El Camino acaba en Obradoiro” e embaixador deste proxecto que “permite potenciar os vínculos entre o deporte e a Ruta Xacobea e que este ano se leva a cabo no Camiño de Inverno co fin de fomentar a reactivación da peregrinación por este trazado”.

 

Artigos relacionados

Back to top button