CulturaCulturaÚltima hora

O xornalista cultural Manuel Gago abrirá o 10 de maio a “Semana das Letras Galegas” do Barco

Impartirá unha conferencia centrada no patrimonio cultural galego e na figura de Antonio Fraguas a partires das 20:30h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán
O xornalista cultural e profesor da USC, Manuel Gago./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cunha conferencia sobre o legado patrimonial galego e a importancia da súa divulgación encetarase o vindeiro venres 10 de maio o programa de actividades da “Semana das Letras Galegas” no Barco. Levará por título “O patrimonio cultural de Galicia: da herdanza de Antonio Fraguas ao futuro” e será impartida polo xornalista cultural, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e director de culturagalega.gal, Manuel Gago, ás 20:30h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán da vila.

O programa deseñado pola Concellería de Cultura do Barco para conmemorar a data do 17 de maio tamén incluirá cinema, en concreto a proxección do filme “Trinta lumes” de Diana Toucedo, con dous pases o 15 de maio no Teatro Lauro Olmo. Ademais Caxade ofrecerá un concerto o 16 de maio ás 20:30h. na praza Maior.

E, un ano máis, a praza do Concello do Barco acollerá o 19 de maio o Maratón Literario da man de Vagalume. Está previsto que comece a partires das once da mañá.

 

Artigos relacionados

Back to top button