OurenseÚltima hora

O xornalista e escritor Alfonso Sobrado Palomares, Premio Ourensanía 2019

O xurado do premio ditaminou no día de hoxe a concesión deste galardón

 

O xurado xunto con Manuel Baltar, na Casa Antón Losada Diéguez, en Boborás.

 

O xornalista e escritor Alfonso Sobrado Palomares, vén de ser elixido como Premio Ourensanía 2019. Así o ditaminou no día de hoxe, 19 de agosto, o xurado do premio baixo a presidencia de Manuel Baltar, xa que se reuniron na Casa Antón Losada Diéguez, en Boborás, para tomar a decisión.

Este premio concedido pola Deputación de Ourense, está dirixido a aqueles ourensáns ou persoas vinculadas á provincia, que destaquen nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais.

Manuel Baltar explicou que o galardoado deste ano foi elixido pola súa “ampla traxectoria nos ámbitos literario e xornalístico que transcenderon os límites de Ourense e de Galicia”. Así mesmo, tamén destacaron do galardoado que, a pesar de desenvolver parte da súa vida profesional fóra de Ourense, “sempre estivo vencellado a súa terra e ás súas orixes, incluso participando en numerosos actos culturais”.

Alfonso Sobrado naceu en Calvos de Randín, e traballou como xornalista na Axencia EFE, na Axencia Radial Press e na Revista Ciudadano, sendo o seu director. Así, foi asesor editorial para España, director de Relacións Internacionais e secretario do Consello Editorial do Grupo Zeta. Ademais, foi director do Diario de Córdoba e responsable da Casa de Galicia en Madrid. Por último, recibiu varios premios e é autor de numerosas obras como “África, la hora de las violencias”, “Albert Camus”, “Los laberintos del espejo”, “El evangelio de Venus”, “Siempre llega la noche”, así como de outras obras biográficas como “Felipe González, el hombre y el político”.

Artigos relacionados

Back to top button