EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O xurado do I Concurso de Maridaxe das Xornadas Gastronómicas do Barco visita os establecementos

O percorrido iniciábase ás 13h. no Pazo do Castro e continuará ata as dez da noite, finalizando en La Querida

O xurado do I Concurso de Maridaxe das Xornadas Gastronómicas do Barco xa está visitando neste sábado 9 de marzo os oito establecementos participantes nesta vinte edición para valorar as propostas ofrecidas en cada un deles. Comezaba o seu percorrido polos locais de hostalaría ás 13h. no Pazo do Castro e despois trasladábase á Casa Galaica e á Cociña do Lar, xa no Barco.

O seu percorrido continuará de 14:35 h a 15:00 h. na Cafetería Restaurante Fernando III, de 20h. a 20:25 h. en Il Piacere, de 20:35 h. a 21:00 h. no Chanfainas, de 21:10 h. a 21:35 h. no Piquiño e de 21:40 h. a 22:05h en La Querida.

Este xurado está formado por: Mercedes González (sumiller, Gxerente Asesoría Gastronómica MEmbajadora, cirectora Técnica revista “Vinos y Cultura” e presidenta de “Vitislucus”), María Bueno Seguín (xornalista de “Galicia en Vinos”), Carmen Fernández (Representante para Galicia da Asociación Española de Periodistas e Escritores do Viño), Jesús Rodriguez Carreiras (IES Sanxillao) e José Luis Casas Vallés (sumiller e membro do Comité de Cata do CRDO Valdeorras). Cada un deles degustarán o primeiro prato do menú co viño proposto polo restaurante para maridar.

Os dous restaurantes que resulten galardoados no certame de maridaxe con branto e tinto da D.O. recibirán un trofeo, un diploma e unha caixa do viño ganador da maridaxe. Tamén o público poderá votar á mellor maridaxe e entre os que o fagan haberá sorteos.

Este I Concurso de Maridaxe está organizado por AEVA e pola Asociación Centro Comercial Aberto O Barco en colaboración co CRDO Valdeorras, a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras e o Concello do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button