CulturaCulturaÚltima hora

O xurado do Premio “Pura e Dora Vázquez” de ilustración dá a coñecer o nome da gañadora desta edición

A ilustradora galega María José Rodríguez García faise co galardón polos "elementos pedagóxicos e didácticos" da súa obra

Reunión do xurado do premio Pura e Dora Vázquez na modalidade de Ilustración.

 

A ilustradora galega María José Rodríguez García é a gañadora do XVII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil “Pura e Dora Vázquez” na modalidade de ilustración, organizado pola Deputación de Ourense e dotado con 1.500 euros. O xurado, reunido hoxe na sala de xuntas do Pazo provincial, destacou das ilustracións gañadoras os seus elementos pedagóxicos e didácticos, “cunha estética infantil e inxenua que ilustra magnificamente a narración”.

Así, o traballo de María José Rodríguez ilustrará o libro Adrán e a fábrica de xeo, de Begoña Graña, gañadora deste mesmo certame na modalidade de narración. O xurado subliñou que “as imaxes dan moitísima información, teñen forza e expresividade, cun interesante tratamento da cor”. Na acta do fallo tamén se destacan os “valores expresivos que poden impactar moito ao lector novo”.

O xurado do XVII Premio “Pura e Dora Vázquez” de ilustración estivo presidido pola deputada de Cultura da Deputación de Ourense, Patricia Torres, actuando como secretaria Ana Malingre, e como vogais José Manuel Fernández, Rosa María Nóvoa, Isabel Mociño, Xoán Xosé Rodríguez e Luis Gulín.

 

Artigos relacionados

Back to top button