ConcellosÚltima hora

O Xurés estrea un novo centro de BTT

Está situado no complexo turístico-deportivo O Corgo en Mugueimes (Muíños)
Autoridades, nun dos momentos do acto inaugural do centro.
Autoridades, nun dos momentos do acto inaugural do centro.

O concello de Muíño dispón xa dun dos centros máis modernos e mellor equipados de Galicia para a promoción e a práctica da bicicleta de montaña (BTT). Así se destacaba na mañá do 13 de xaneiro no acto inaugural destas novas instalacións, denomimadas Centro BTT da Serra do Xurés, e que están situadas no complexo turístico-deportivo O Corgo, en Mugueimes (Muíños).

Constan dun centro de recepción e información no que se ofrecen servizos de aluguer de material, taller
de reparacións e limpeza e información sobre as diferentes rutas turísticas e de BTT da comarca da Baixa Limia. Estas rutas BTT están sinalizadas, discorren polos arredores e están clasificadas dependendo da súa lonxitude e dificultade.

O feito de escoller esta ubicación para este novo centro BTT débese á variada oferta de recursos paisaxísticos, naturais, arquitectónicos e culturais dos concellos de Lobios e Muíños, así como a súa oferta en servizos e equipamentos turísticos. Este novo centro pasa a integrarse na rede de Centros BTT Galicia de ámbito autonómico, promovida por Turismo de Galicia.

O acto inaugural destas instalacións contaba coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez; dos alcaldes de Muíños e
Lobios, Plácido Álvarez e Maria del Carmen Yáñez, respectivamente, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Deputación de Ourense e Concello de Muíños asumen o ámbito económico coas correspondentes achegas de 30.000 euros e 10.000 euros e a Xunta de Galicia asume o compromiso de facilitar información referente ao espazo natural para as actividades de divulgación e sinalización que se vaian a realizar, e a manter os tramos de rutas de BTT en aqueles tramos que coincidan coas rutas xa establecidas do parque natural, segundo se informa dende a Deputación ourensá. Pola súa banda, o Concello de Lobios colaborará na promoción do Centro BTT Serra do Xurés e no mantemento das rutas.

Artigos relacionados

Back to top button