DeportesÚltima hora

O XXIV Torneo de Tenis “Memorial Juan Pablo Vieites” celebrarase do 14 ao 21 de xullo en Petín

O XXIV Torneo de Tenis “Memorial Juan Pablo Vieites” terá lugar en Petín do 14 ao 21 de xullo. Está organizado polo Concello de Petín en colaboración co Club Tenis Rúa, Deputación Provincial de Ourense e Ortopedia Petín.

 

Cartel do torneo

Este torneo está distribuido en distintas categorías: a masculina conta con categoría cadete, absoluta e veteranos +35; mentres que a feminina só conta coa absoluta. Así, os participantes poderán inscribirse ata o vindeiro 12 de xullo ás 22:00h.

Contacto de inscricións:

Teléfono: 680751359

e-mail: julitolc@gmail.com

Artigos relacionados

Back to top button