CulturaCulturaÚltima hora

A obra do pintor barquense Jesús Díaz exponse na galería Soho de Vigo

Poderá verse ata o vindeiro 29 de outubro neste centro expositivo

 

Imaxe promocional da exposición de Díaz Ferrer en Vigo.

Primeiro en Ferrol e agora en Vigo. A obra do artista Jesús Díaz Ferrer (O Barco de Valdeorras, 1922-Teruel, 2017) volve a achegarse ao público galego. Desta volta será nunha mostra pictórica que poderá verse do 22 de setembro ao 29 de outubro na galería Soho de Vigo (praza de Compostela, 8).

Díaz Ferrer, que adicou case 80 anos á arte, é un referente nas vangardas e no tránsito da arte moderna á postmodernidade, tal e como destaca o historiador da arte barquense Luis Enrique Rodríguez Arias “Coquixo”, que leva décadas investigando e recuperando a figura deste creador valdeorrés. “A variedade temática e iconográfica de Díaz Ferrer é case inesgotable. Retratos, bodegóns, paisaxes, desnudos, debuxos satíricos, escenas surrealistas, composicións abstractas, escenas relixiosas e mitolóxicas, cadros de contido social, composicións informalistas, escenas costumbristas rurais e urbanas, etc. Nada é alleo a este artista total”.

Artigos relacionados

Back to top button