ConcellosÚltima horaVilamartín

Obradoiro audiovisual este venres pola tarde en Vilamartín de Valdeorras

Enmárcase na iniciativa "Un Camiño de Historias" dentro do programa O teu Xacobeo

 

O Concello de Vilamartín de Valdeorras únese a “Un Camiño de Historias”, unha iniciativa levada a cabo por Acude Rural, con fin de empoderar, preservar e divulgar a cultura rural galega, promover o desenvolvemento e dinamización do camiño, así como investigar o impacto social, cultural e económico dos Camiños de Santiago no rural galego, recollendo as testemuñas da poboación local e peregrina e favorecendo o diálogo e o intercambio entre ambas.

Así, o vindeiro venres día 18 de xuño, a Asociación Galega Cultura e Desenvolvemento Rural, estará nesta localidade valdeorresa, recollendo historias do Camiño de Inverno cos máis pequenos da vila. Ademais, realizarase un Taller Audiovisual, dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos, acción que promove o desenvolvemento e dinamización dos Camiños de Santiago que pasan polo rural galego. “É unha formación sobre uso de equipos e dispositivos TIC para familiarizarse co uso de ferramentas audiovisuais, tanto para a gravación como a edición e montaxe”, puntualizan dende o Concello.

O taller desenvolverase no Centro Social Santa Lucía, entre as 17:30 e as 19:30 horas. As prazas dispoñibles son 20, e para reservar a deberanse por en contacto no teléfono: 988 300 001 ou no correo electrónico: concello.vilamartin@eidolocal.es

Artigos relacionados

Back to top button