ConcellosGalerías de fotosRubiáÚltima hora

Obradoiro de chapas pola igualdade de xénero en Rubiá

 

De maneira lúdica e botando man da creatividade e dos lapis de cores, os nenos e nenas de Rubiá aprendían sobre igualdade e respecto. Participaban na mañá do xoves 27 de agosto (de 10:30h.a 12:30h.) nun  “Obradoiro de chapas pola Igualdade de xénero” que se desenvolvía, gardando todas as medidas de seguridade, na Casa da Cultura de Rubiá.

Na primeira hora os monitores déronlle un explicación sobre igualdade e na segunda hora os rapaces e rapazas elaboraban chapas referidas ao tema e tamén chapas de deiseño propio onde deixaron voar a súa imaxinación.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button