Chandrexa de QueixaConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrives

Obradoiro de emprego dual do Macizo Central sobre actividades auxiliares en conservación de montes

Terá 20 prazas para ao alumnado e 9 meses de duración. Está promovido polos concellos de Chandrexa, Manzaneda, Trives e Río

 

Mellorar a ocupabilidade das persoas desempregradas de 18 ou máis anos de idade, mediante a realización de limpeza de camiños municipais de acceso a frondosas, mellora e tratamentos silvícolas e limpeza de rutas  de sendeirismo. Son algúns dos principais obxectivos do Obradoiro de emprego dual Macizo Central, promovido pola agrupación dos concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

O promotor é o Concello de Chandrexa, terá unha duración de 9 meses e dispón de 20 prazas para o alumnado. As persoas que realicen este obradoiro recibirán o certificado profesional de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O obradoiro, xunto coa formación profesional relacionada directamente cos traballos anteriormente mencionados, procurará a cualificacióin profesional do alumnado e a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Todas as persoas interesadas en optar a este obradoiro deberán estar anotadas como demandantes na Oficina de Emprego da Pobra de Trives nos supostoso 320, 330, 340 ou 370 e, 699, ocupación peón forestal, e manifestar o seu interese en obradoiroso. O prazo de inscrición finalizará o 4 de outubro ás 14h.

Os concellos agrupados informan de que acordaron realizar “oferta con preselección a través do INEM que lle indicará aos preseleccionados o modelo de solicitude que deberán achegar ao Concello de Chandrexa de Queixa, xunto á documentación oportuna para valorar os méritos. A selección é unicamente de baremación de méritos. As bases poden consultarse no taboleiro da Oficina de Emprego Trives, Concello de Chandrexa e na web.

 

Artigos relacionados

Back to top button