ConcellosÚltima hora

Obradoiro de emprego en Celanova e Baixa Limia

Os alumnos do proxecto “San Rosendo… segue o camiño” realizarán unha visita polo concello de Bande
Os alumnos na saída ao xacemento arqueolóxico de Castromao.
Os alumnos na saída ao xacemento arqueolóxico de Castromao.

Mañá mércores 1 de outubro, os 20 alumnos do obradoiro de emprego “San Rosendo… segue o camiño” organizado polos Concellos de Celanova, Bande e Verea, participarán nunha xornada didáctica no concello de Bande.

A actividade desenvolverase ao longo da mañá e inclúe visitas ao Campamento Romano de Aquis Querquennis, á igrexa visigótica de Santa Comba, visita ao albergue e aos distintos establecementos comerciais da localidade banduense.

Como parte práctica, a saída formativa vén a complementar ás tres realizadas anteriormente nas que os alumnos visitaron os principias recursos turíticos de Celanova: o xacemento arqueolóxico de Castromao, o burgo medieval de Vilanova dos Infantes, o albergue municipal, o mosteiro de San Salvador, a capela de San Miguel e a Casa Museo “Curros Enríquez”.

As visitas teñen como obxectivo coñecer en profundidade os recursos turísticos das comarcas de Terra de Celanova e Baixa Limia poñendo en práctica os coñecementos técnicos e teóricos adquiridos nos distintos módulos do obradoiro.

De feito o obradoiro que comezou o 18 de agosto e terá unha duración de seis meses, é una iniciativa creada para a potenciación do turismo como motor de desenvolvemento económico das dúas comarcas ourensás.

Tal como explican dende o Concello de Celanova, “este taller de emprego, que ven darlle continuidade ao pioneiro obradoiro de emprego “Camiño de San Rosendo”, está máis centrado na empresa e no ámbito económico para xestionar a iniciativa privada dende unha perspectiva turística”.

O proceso formativo estructúrase en catro módulos: Creación e Xestión de Viaxes Combinados e Eventos, Implantación e Animación de Espazos Comerciais, Creación e Xestión de Microempresas e Xestión de Marketing e Comunicación.

O alumnado do obradoiro diante da casa museo Curros Enríquez.
O alumnado do obradoiro diante da casa museo Curros Enríquez.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button