CulturaCulturaÚltima hora

Obradoiro de Escrita Creativa no marco da Feira do Libro do Barco, os días 22 e 23 de abril

A Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán organiza esta actividade dirixida a nenos de entre 10 e 12 anos
Cartel do obradoiro de Escrita Creativa.

Os días 22 e 23 de de abril celebrarase na praza  Andrés de Prada, a segunda edición da Feira do Libro do Barco de Valdeorras, que contará con diferentes actividades en torno ao libro e ao fomento da lectura. Unha desas actividades é o obradoiro de Escrita Creativa que se realizará na Biblioteca P.M. Florencio Delgado Gurriarán de 11 a 12 horas tanto sábado como domingo.

Dende a biblioteca explican que deseñaron este obradoiro “pensando en todos os participantes que nos achegaron os seus contos para os concursos que se puxeron en marcha durante o ano 2016. Estamos moi orgullosos dos grandes escritores e escritoras que temos entre os máis pequenos e para eles creamos este espazo no que poderán potenciar as súas capacidades artísticas”, por iso convidan a participar aos nenos e nenas de entre 10 e 12 anos.

A actividade está deseñada seguindo o ensino creativo no que a través da análise de obras de arte de disciplinas como o cine, a pintura ou a música, se amosan novos modelos de linguaxe literaria.

O grupo de traballo é de 15 cativos e o período de inscrición estará aberto ata o 19 de abril. Os interesados deben descargar  a folla de inscrición e entregala na biblioteca.

 

Folla de inscrición.

Artigos relacionados

Back to top button