CulturaCulturaÚltima hora

Obradoiro de fotoxornalismo con Gervasio Sánchez

O curso terá lugar os días 27 e 28 de xuño na Casa da Cultura de Allariz
Parte do cartaz do obradoiro de fotoxornalismo.
Parte do cartaz do obradoiro de fotoxornalismo.

Da man de LuzVisible e co apoio do Concello, a Casa da Cultura de Allariz acollerá os días 27 e 28 de xuño, un obradoiro de fotoxornalismo a cargo de Gervasio Sánchez, fotoxornalista recoñecido co “Premio Nacional de Fotografía”, o “Premio Ortega y Gasset de Periodismo” e o “Premio Internacional Jaime Brunet de los Derechos Humanos”, entre outros galardóns.

As actividades comezarán xa o venres día 26 de xuño cunha conferencia aberta ao público e con acceso gratuíto até completar o aforo. Pero non será ata a fin de semana cando Gervasio imparta un obradoiro de 16 horas de duración no que repasará a súa traxectoria, afondará no proceso para desenvolver un proxecto xornalístico e estabelecerá un debate aberto cos alumnos.

Na web luzvisible.com pódese ampliar información e efectuar a inscrición ao obradoiro.

Artigos relacionados

Back to top button