OurenseÚltima hora

Obradoiro de fotografía dixital no Centro Cultural Marcos Valcárcel

A actividade dá comezo este mércores e ten un prezo de 50 euros
O curso será impartido polo fotógrafo Víctor Barro.
O curso será impartido polo fotógrafo Víctor Barro.

O Centro Cultural Márcos Valcárcel de Ourense acolle desde este mércores un obradoiro de fotografía dixital creativa, da man do fotógrafo Víctor Barro. A actividade ten un prezo de 50 euros e levarase a cabo os días 20, 25, 27 de abril, 2 e 4 de maio de 18.30 a 21.30 horas.

Según indican os organizadores, este obradoiro ten como obxectivo “espertar o fotógrafo que temos dentro, mobilizar a súa creatividade e mellorar as imaxes”. Entre outras cousas, as clases centraránse en retratos, fotografía urbana e de viaxes, fotografía de longa exposición, paisaxes, fotografía deportiva e fotografía de naturezas mortas. A formación incluirá tamén un percorrido polas principas regras e técnicas específicas deste campo, con exercicios onde prime a práctica.

Para participar é necesario inscribirse, para o que os interesados deben enviar un correo a victor.barro@fotosconletra.com, consignando os seguintes datos: nome, teléfono e enderezo electrónico. Máis información en “Fotos con letra”.

Artigos relacionados

Back to top button