OurenseÚltima hora

Obradoiro de fotografía en Parada de Sil, os días 4 e 5 de setembro

 

O Concello de Parada de Sil organiza un interesante obradoiro de fotografía de cara aos días 4 e 5 de setembro baixo o suxerente título de “Vén a descubrir a Luz de Parada de Sil” no corazón da Ribeira Sacra. “Preténdese ofertar ás persoas que se inscriban unha ferramenta para coñecer e difundir mellor as cousas que vemos, neste caso en Parada de Sil”, explican dende o Concello.

O obradoiro, impartido pola fotógrafa profesional ourensá Rosa Veiga, terá lugar o día 4 e a mañá do 5 de setembro e percorrerá distintos puntos emblemáticos con luces distintas que van dende o Miradoiro de Triguás das Xariñañas no Camping de Castro, medio natural, ao Mosteiro de Santa Cristina, patrimonio material. Tamén permitirá fotografar o Xogo de Bolos de Parada de Sil ou un simulacro da festa da pisa da castaña, “exemplos de patrimonio inmaterial, pero que xunto cos anteriores contribúen a conservar a memoria algo no que o Concello de Parada de Sil está empeñado”, a dicir do seu alcalde, Aquilino Domínguez.

Ademais, en cada un deses lugares haberá unha persoa coñecedora do sitio, ou do xogo dos bolos ou da pisa dastaña para explicar con detalle de qué se trata, o que sen dúbida permitirá captar mellor a sensibilidade do que se fotografíe

O remate do obradoiro farase unha proxección das fotos no salón de usos múltiples do Concello.

Artigos relacionados

Back to top button