EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Obradoiro de pinchos co botelo como base, no Barco

Unha vintena de persoas participaron no curso, impartido por Rocío Garrido no marco da XVI Festa do Botelo

O vindeiro sábado 23 de xaneiro en torno ás dúas e media da tarde, os asistentes á XVI Festa do Botelo do Barco de Valdeorras (na tarde do 18 de xaneiro poñíanse á venda 950 entradas), poderán degustar o botelo con patacas, repolo e chourizos, o prato estrela da cita gastronómica.

Así, cocido, é a forma máis tradicional de preparar este suculento prato, buque insignia gastronómico da vila barquense, pero non a única. Así o demostraba Rocío Garrido, responsable do blog “La Cocina de mi Abuelo” e autora do libro “Cociñando coas razas autóctonas” que na tarde do 18 de xaneiro impartía un obradoiro de pinchos co botelo como ingrediente central.

No curso, celebrado no restaurante Piquiño (O Barco) para unha vintena de persoas, a cociñeira elaborou catro pratos: “Botelo en camisa de repolo”, “Arroz cremoso con botelo, setas e queixo do Cebreiro”, “Croqueta invertida de botelo” e “Hummus de garavanzos con botelo sobre pan de gambas”. Pratos que foron degustados con viños das adegas Eladio Santalla Paradelo, Roandi, Godeval e da Cooperativa Xesús Nazareno, maridaxe que correu a cargo do experto en viños galegos, Jorge Cardoso.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button