Galerías de fotosÚltima hora

Obradoiro infantil de manualidades con toque de Nadal, na Biblioteca de Trives

Esta actividade, na que participaban 30 rapaces, tiña lugar o 22 de novembro para celebrar o Día dos Dereitos do Neno

Xogando e aprendendo, ao mesmo tempo, uns trinta nenos e nenas de entre 3 e 12 anos participaban na tarde do 22 de novembro nun obradoiro de manualidades na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives. Esta actividade estaba programada no marco da celebración do Día dos Dereitos do Neno.

Con esta proposta pretendíase “concienciar sobre a importancia de dar aos máis pequenos a oportunidade e o dereito de gozar da súa infancia”, indican dende o Concello da Pobra de Trives.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close