CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Obradoiro infantil en Río para descubrir como era a vida na antigüidade

A "Semana da Historia Antiga" impartirase de luns a venres e vai dirixida a nenos a partir de 4 anos

 

A través do xogo os máis pequenos descubrirán como era a vida cotiá en tempos tan remotos como os do antigo Exipto, Roma, Grecia ou mesmo na Europa da Idade Media. Durante esta semana o espazo da Casiña Azul, en San Xoán de Río, acollerá unha serie de obradoiros, con numerosas actividades, baixo o título “A semana da Historia Antiga”.

Van dirixidos a nenos a partir de 4 anos e impartiranse en horario de 17:30h. a 19h. (agás o mércores). Esta iniciativa lúdica e formativa está integrada no programa de actividade de verán do Concello de San Xoán de Río.

Artigos relacionados

Back to top button
Close